mércores, 6 de novembro de 2013

XORNADA DA CIENCIA EN GALEGO

 IV DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Onte dia 4 de novembro , dia da ciencia en galego, traballamos na clase o  experimento  " A botella que respira ", que á vez relacionamos coa materia de Coñecemento, o  Aparato Respiratorio.

Primeiro visualizamos o video en youtube
a botella que respira


Despois de comentalo, tomar nota dos materiais que precisabamos para levalo a cabo e  o procedemento pasamos á fase de experimentación.


               XORNADA  DA CIENCIA EN GALEGO

    UNHA  BOTELLA  QUE  RESPIRA

MATERIAIS

Unha botella de plástico de 2 litros
Un par de globos
Un guante de látex
Un par de palliñas
Unha cinta illante
Unhas tesoiras

PROCEDEMENTO

1.-Cortamos a base da botella
2.-Facemos un burato no centro  do  tapón  da  botella
3.-Cun par de palliñas, dous globos e cinta illante construimos unha parte do noso aparato respiratorio.
4.-Introducimos os elementos do punto anterior na botella e selamos, a unión do burato do tapón coa palliña, con plastilina.
5.-Na parte inferior da botella, colocamos un guante de látex  como se fora unha membrana. Selamos con cinta illante a unión do guante  e a botella.
6.-Collemos a botella cunha man e coa outra tiramos do guante .


OBSERVACIÓN
  
1.- Se tiramos do guante os globos énchense de aire .
2.- Se empurramos o guante e metémolo na botella, os globos se desinflan.


RELACIÓN DO EXPERIMENTO CO APARATO RESPIRATORIO.

Botella de plástico                   Caixa torácica
                                            (lugar onde están os pulmóns)

Palliñas                 Tráquea

Globos                      Pulmóns

Guante                   Diafragma
                             (principal músculo responsable da respiración)


INSPIRACIÓN         Proceso polo que os pulmóns énchense
                          de aire e collen osíxeno.
Ao tirar do guante (o diafragma contráese e baixa) aumenta o volume da botella (caixa torácica), disminue a presión no interior da botella e entra aire polas palliñas que inflan os globos.

ESPIRACIÓN           O aire sae dos pulmóns e elimina dióxido
                           de carbono.
Ao empurrar o guante (o diafragma reláxase), disminue o volume
Da botella, aumenta a presión interna e os globos desínflanse ao sair o aire polas palliñas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario