sábado, 15 de febreiro de 2014

SAN VALENTÍN



     Hoxe, día de San Valentín, celebrámolo no cole mandando corazóns roxos con lemas a profesores , mestres, amigos, conserxe,.... que tiñamos a necesidade de  transmitirlle o noso agarimo, a nosa gratitude, o noso cariño,....

  Houbo momentos moi interesantes, emotivos,.... Son nenos profundos, agradecidos, de gran corazón.

  O obxectivo era ser capaces de transmitir ese sentimento de agradecemento, de amor,.... que ás veces é tan dificil. Espertar esa sensibilidade, emocións, sentimentos, agarimos, tenrura, ....




                                             













mércores, 12 de febreiro de 2014

AS LINGUAS SUMAN

AS LINGUAS SUMAN

http://www.coordinadoraendl.org/doc/campa_linguassuman.pdf

Paréceme interesante este tríptico da Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

"A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moitos nenos e nenas a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas."



Sabiades que... 


... o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española?


... o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española?


... o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras
comunidades que teñen unha soa lingua?



Xa hai tres anos (no 2011):


"20 anos cos Equipos de Normalización nas augas vivas da lingua" (1991-2011)

Homenaxe dos ENDL a Agustín Fernández Paz 

Neste enlace podemos ver un video dos distintos centros de Galicia na Normalización da Lingua Galega, entre eles están alumnos da Pastora e actualmente de terceiro curso do Magariños .



venres, 7 de febreiro de 2014

O XORNAL

Somos "redactores" de prensa.

                                         

                                                    Seleccionamos unha fotografía do Xornal.



                                      
Recortamos e pegamos no folio.
 Logo redactamos a nova que nos quere transmitir a foto.

A LINGUA SABE A PAN



VIDEO DO COLEXIO DE CEA EN OURENSE




mércores, 5 de febreiro de 2014

O GALEGO NA FAMILIA

EDUCAR EN FAMILIA , EN GALEGO

Neste enlace atopamos letras populares para cantar cos cativos, poemas, quebracabezas, xogos, contos, mini atlas xeobotánico de Galicia, asesoramento para as familias , cantos de berce,...



                   Quebracabezas da lingua