sábado, 28 de decembro de 2013

Quinzet


CÁLCULO MENTAL

Deixo este enlace sobre o cálculo mental do Quinzet, É un material  práctico para o cálculo 

mental en situacións de resolución de problemas. 

Quinzet

http://www.edugaliza.org/inicio/calculo





mércores, 4 de decembro de 2013

CONTO



A CONSTITUCIÓN E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA
OS LEÓNS DAS CORTES

"Érase unha vez unha selva moi bonita. Nela vivían toda clase de animais, pequenos e grandes.

Había paxariños de cores, mosquitos e toda clase de feras.

Non eran felices xa que o rei era un tirano, un déspota e un bruto que os tiña a todos atemorizados e privados de liberdade. Non lles deixaba facer nada. O rei era un orangután feísimo e tan grande e con tan pouca intelixencia que solo lle quedaba a forza, a súa gran forza á que todos temían. Tiña un corpo enorme! Era tan grande como unha montaña e tan negro como unha cova! Qué medo!, ninguén se atrevía a levarlle a contaria.

Pero un día, os animais do bosque decidiron ir todos xuntos a enfrentarse ao orangután. De un en un, ou de poucos en poucos, o orangután dáballes medo, pero así todos xuntos serían eles os que darían medo ao orangután, porque con todos non podería por moi forte que fose.

E eso pasou, o orangutan, ó velos chegar a todos xuntos, austouse moitísimo e fuxíu do bosque para sempre.

A partires daquel momento cada un dixo qué era o que lles gustaría facer na selva para ser felices sen molestarse os uns aos outros. todo o que dixeron quedou escrito nas montañas, ao aire, para que nunca se esqueceran e así poidesen vivir sempre felices. Puxeron por rei ao animal máis noble da selva, que xurou respetar as leis que todos acordaran. Ese rei foi o león.

Certo día o león enterouse de que nun país moi bonito que se chamaba España, os homes querían tamén ter unhas leis feitas por eles mesmos. Querían ser libes sen molestarse os uns aos outros. O rei León aconselloulles o que tiñan que facer, e eles escribiron as súas leis nun libro ao que lle puxeron o nome de "Constitución".

Ese libro está gardado nun gran palacio onde o leen e o repasan para que nunca se lles esqueza nada e poidan defendelo. O rei León mandou a España aos seus dous fillos máis fortes, que sempre están sentados na porta do enorme Palacio."


O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA


O día 8 de Decembro conmemoramos o ESTATUTO DE AUTONOMÍA: que é unha norma institucional básica da COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. No ámbito da Constitución Española, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condicion de Nacionalidade Histórica. Afirma que os poderes da Comunidade autónoma básanse no Estatuto, a Constitución e o Pobo Galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos os integrantes do POBO GALEGO.
                                                                                               ( Do blog de Lily)                   

venres, 29 de novembro de 2013

OUTROS BLOGUES

BLOGUES DE COORDINADORAS COMARCAIS

A Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ademais dos  blogues de distintos Equipos Comarcais, deixannos na súa web distintos comunicados e webs de interese,...

Coordinadora ENDL

POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA. ACTIVIDADES


BLOGUE CREADO POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CPI DOMINGO FONTÁN DE PORTAS ( PONTEVEDRA ) PARA DAR A COÑECER O LABOR ENTORNO Á LINGUA GALEGA NO CENTRO.

Ábrelle as portas á lingua

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA 26 DE NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E OS DEMÁIS  DÍAS TAMÉN.

Hoxe, DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, aprobado pola Asamblea Xéral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 26 de novembro. A proposta para celebralo este día foi da República Dominicana apoiada por 80 paises, debido ao asasinato das irmáns Mirabal que ocurríu nesa data.
Ao longo da mañán traballamos o tema da violencia de xénero a partires dun conto e de videos.
Na asamblea fumos recollendo as aportacións dos nenos e nenas sobre o xesto dun BICO e baixo o lema NINGÚN BICO Á FORZA.

   
                                                                                             



  

                                               



A MÚSICA

CANCIÓNS

Neste enlace temos unha recompilación de cancións que nos deixa a Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).

Música en Galego

luns, 25 de novembro de 2013

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

6 DE DECEMBRO, CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA


O día 6 de decembro, día da Constitución Española, traballaremos na aula este tema. Neste enlace podemos coñecer a Constitución desde a súa orixe ata  hoxe que cumpre 35 anos.
Hai actividades clic e enlaces de interese.





Deixo un pequeno  conto sobre a Constitución que pode axudar aos nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria a comprendela.


A IGUALDADE DE XÉNERO

xoves, 21 de novembro de 2013

SAÚDE BUCO-DENTAL

Coidamos a nosa boca

Antía Galego Varela, odontóloga, cambadesa ainda que con raíces en A Golada, e Basadre, estivo con nós hoxe na escola para darnos unha necesaria explicación sobre a necesidade de coidar a boca, os dentes, en definitiva Saúde Bucal.
Presentounos un video no que vimos como actuaban as bacterias nas caries, como se alimentaban e se fornecían, e unhas diapositivas sobre a boca e o número de dentes que temos e as súas funcións, o cepillado e a hixiene bucal,...que nos ía explicando e comentando.
Os nenos fixeronlle un montón de preguntas, sobre o tempo que tiñan que dedicar ao lavado e cepillado dos dentes, as caries, ...
Veu moi ben para todos porque, ademáis, acababamos de estudar a unidade do Corpo e as súas partes....o Sistema Dixestivo e a Boca, ...
 Ao rematar deulles a cada neno uns ratiños e cofres, gardadentes.
Grazas Antía 

             


                                                                        

mércores, 20 de novembro de 2013

ENLACE AO BLOGUE AULA TIC DE FERROL

Atopei este blogue que me parece interesantísimo con libros Lim, Proxectos, enlace a outras actividades da rede, ferramentas TIC, actividades para as distintas materias. É un blogue que contén moita información . 

Enlace de Ferrol

martes, 19 de novembro de 2013

Dia Internacional dos Dereitos dos Nenos

Os Dereitos dos Nenos.

Mañán, dia 20 de novembro imos traballar na aula na elaboración dun Decálogo sobre os Dereitos dos Nenos.


A ONU aprobou en 1948 a Declaración Universal do Dereitos Humanos que incluía os dereitos da infancia.

Máis tarde, en 1959, aprobaríase a Declaración dos Dereitos do Neno.



Veremos videos sobre os Dereitos dos Nenos.






Cantaremos



Cantamos con Os Lunnis



Hoxe, Dia Internacional dos Dereitos dos Nenos

Os nenos e nenas de 2º A e B de primaria traballamos ao longo da mañán sobre esta temática. Primeiro escoitamos cancións e videos, logo cada neno foi presentando o traballo que traían da casa sobre os Dereitos dos Nenos coa ilustración correspondente. Recollemos nunha listaxe a exposición  no encerado, que se trasladou ao mural e  expúxose  no corredor do colexio.



     






                                                    Traballos dos nenos e nenas de 2ºA e 2º B

    

mércores, 13 de novembro de 2013

O curioso mundo das Matemáticas

Problemas  de inxenio


   As matemáticas son unha marabilla. Son unha ciencia, un xogo, un pracer, un poderoso instrumento que permítenos dalgún xeito comprender o mundo real.

   Poden chegar a ser unha obsesión. As súas raíces sicolóxicas están nas actividades máis simples da nosa vida cotiá.

  As matemáticas como actividade fondamente humana, trataremos de que sexan entretidas a partires da manipulación de materiais como ábacos, loterías, tangram, a" máquina das operacións", balanza, xogos de aula como parchís, xadrez, ..., para a súa comprensión.

  Para introducir o mundo dos números contamos con Kaliza, unha nena que ten que percorrer uns 50 km. para atopar un teléfono, un televisor ou unha nevera.....e non coñece ningún sistema de numeración.

  
 Deixo unha mostra dos problemas que plantexamos na clase. Neste caso era un traballo por equipos.    Cada equipo tiña que resolver o problema e saber explicalo para que todos o entendamos. 
 Tiñan que ter claro que primeiro lemos e relemos para :
  • Extraer os datos que aporta o problema.
  • Saber que nos pregunta.
  • Facer o plantexamento claro mediante un debuxo.
  • Proceder ás operacións.
  • Dar a solución.
É fundamental que manipulen os materiais que precisen para chegar á comprensión e poder resolver.
Teñen que chegar a acordos no grupo. As dúbidas intentarán resolvelas no grupo e en caso de que non haxa acordo interven a profesora

                               

                                        


Lim  para distintas materias

Deixo este enlace de Mª Antonia Canals quen coñecin en Pontevedra nun curso de formación no CEFORE.

Proba da unidade 3 de Lengua

Versos de mar e Alberti.

          Mañán temos a proba da unidade 3 de Lengua. Ademáis faremos un dictado atendendo ao uso das Maiúsculas e o M antes de P e B.

          Podemos completar esta unidade vendo a entrada de Rafael Alberti.

       

Descubro o meu corpo

O interior do noso corpo.

     Na clase de 2º estamos aprendendo como é o interior do corpo humano. A profesora presenta a unidade 2 da  área de Coñecemento mediante o noso amigo "Osiños" que xa empregamos na unidade 1(quen foi de moita axuda para coñecer os osos, articulacións...).Tamén dispuxemos de videos, fotos, libros, contos e DVD que tamén aportaron os alumnos, experiencias e distintos materiais de aula ... que apoian esta aprendizaxe. 

     Os alumnos emocionados queren descubrir, manipular,  experimentar ... que hai no interior do seu corpo.

     Estudamos o aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e a boca. 

     Rematamos esta unidade coa pirámide alimenticia, os alimentos e a súa orixe, e unha alimentación sá. 
     A importancia  de Cristovo Colón na alimentación  como as patacas, millo ou café non nos queda atrás.

     Coñecemos distintas especialidade médicas como dermatólogo, cardiólogo, odontólogo, traumatólogo,...

O sistema dixestivo
       



Na etiqueta Experimentos podemos completar este breve comentario a esta unidade, coa experiencia da Botella que respira.


O sistema circulatorio

 

La princesa está triste

Trabajamos la poesía de Rubén Darío.

      Leemos el poema de Rubén Darío con entonación adecuada e interpretando los versos. Nos preguntamos cual será la causa de la tristeza de la princesa y que significado tienen algunas expresiones o  recursos estilísticos usados por el autor.

           Trabajamos  la estructura del poema, número de versos, recursos que aparecen,....

           Memorizamos la poesía.


          Copiamos e ilustramos el poema.







O globo saltarín

Experimento de Martín

     A raíz de visualizar distintos videos sobre experimentos, na IV Xornada da Ciencia en Galego,  e traballar coa " Botella que respira" e a" Electrostáctica", Martín trouxonos o" Ovo Saltarín".

Contounos os materiais que precisou para levar a cabo o seu experimento: 
  1.  Un bote de cristal
  2.  Un ovo cru.
  3.  Vinagre.   
 Logo contounos o Procedemento   :
  •  Botou vinagre no bote de cristal.
  • Meteu con coidado o ovo e seguiu botando vinagre ata cubrir o ovo.
  • Tivoo tres días. 
Explicounos as observacións :

    Salían burbullas do ovo , e este mudaba a súa cor , pasou de branco, a marrón e logo amarelo ata quedar transparente.

    O ovo aumentou de tamaño.

Sacamos conclusións:

      A reacción química do vinagre coa cáscara de ovo.O vinagre actúa sobre a cáscara, xa que  é un axente corrosivo que desprende o calcio da mesma. Martín via como ían saindo burbullas. O calcio desprendido quedou solto no vinagre.
     O ovo aumenta de tamaño porque a auga que contén o vinagre entra no interior do ovo a través da membrana que o cubre(Ósmosis).
   Aos tres días o ovo xa perdeu a cáscara, e vai mudando a cor ata quedar transparente e con elasticidade.

Comprobamos e manipulamos:

   O ovo saltarín nun momento dado acabou rompendo. e esto servíu para que comprobaran a textura da xema.

   Uliron o vinagre.

                                            Martín presentando o se experimento                         

                                                 
     
             

Comprobamos a textura da xema









          

domingo, 10 de novembro de 2013

Preparando o Magosto

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN.

Despois de informarnos sobre a importancia da castaña na alimentación dos nosos devanceiros, de ler receitas de cociña que a  teñen como elemento principal, de aprender refráns, ditos populares , cancións, xogos,... que eran o remate dos Magostos, recollemos un resumo no traballo de aula.



Prácticamos co trompo, cos peóns ou buxainas, xa que ademáis era un dos xogos do patio para a festa do Magosto.

           

O Profe Carlos preparando as castañas, e os profes Beni, Jorge, Lucía e Paula repartíndoas. ¡Qué boas estaban!






                                                                                                     
Deseñamos uns cestiños, que cadaquén     personalizou, para servir as castañas e recoller o lixo das mesmas                    .
 

Non nos faltou a tarta temática elaborada por Marta, a nai de Alejandro. Darlle as grazas  en nome de toda a clase e da profe.
Por certo,estaba ¡boísima!



  Escoitámolo conto da Castaña  que rebentou de risa.

A  castaña  que rebentou de risa