XORNADAS LITERARIAS no CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA
O alumnado e profesorado do CEP
Antonio Magariños está a compartir
unhas Xornadas Literarias,
previstas na Programación Xeral do curso,
e máis concretamente,
dentro do Proxecto do Equipo de Dinamización da
Lingua Galega e do
Plan de Mellora da Biblioteca do centro.
O día 23 de abril, día
Internacional do Libro,
acompañounos
Inacio
Vilariño, con “
Cousas do Demo “. Unha serie de contos
recollidos na ampla
tradición galega sobre o demo nas súas
máis diversas
representacións.
Na actividade “As
Nosas Letriñas”, o
día 7 de
maio homenaxeamos ao escritor Ramón
Caride Ogando. Foron
moitas as
preguntas e curiosidades dos alumnos por coñecer a súa
vida e obra.
O martes 13 de maio
estiveron con nós, a escritora de Trazo (Vilariño) Rosalía
Morlán Vieites,
acompañada polo cantautor
cuntiense, Manoele de Felisa, que musica
e harmoniza os poemas da autora,
así como os de María Mariño, Xosé Neira Vilas, Roberto Blanco Torres, entre outros.
Engaioláronnos pola súa sensibilidade, harmonía, pola súa poesía
que
enche o corazóna a quen os escoita.
O día 4 de xuño
teremos a honra de compartir unha xornada literaria con Xosé
Neira Vilas, que
estará acompañado polo cantautor Manoele de Felisa .
Agradecemos aos escritores e
cantautor, o facernos participes da súa excelente obra literaria e
musical