sábado, 28 de decembro de 2013

Quinzet


CÁLCULO MENTAL

Deixo este enlace sobre o cálculo mental do Quinzet, É un material  práctico para o cálculo 

mental en situacións de resolución de problemas. 

Quinzet

http://www.edugaliza.org/inicio/calculo





mércores, 4 de decembro de 2013

CONTO



A CONSTITUCIÓN E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA
OS LEÓNS DAS CORTES

"Érase unha vez unha selva moi bonita. Nela vivían toda clase de animais, pequenos e grandes.

Había paxariños de cores, mosquitos e toda clase de feras.

Non eran felices xa que o rei era un tirano, un déspota e un bruto que os tiña a todos atemorizados e privados de liberdade. Non lles deixaba facer nada. O rei era un orangután feísimo e tan grande e con tan pouca intelixencia que solo lle quedaba a forza, a súa gran forza á que todos temían. Tiña un corpo enorme! Era tan grande como unha montaña e tan negro como unha cova! Qué medo!, ninguén se atrevía a levarlle a contaria.

Pero un día, os animais do bosque decidiron ir todos xuntos a enfrentarse ao orangután. De un en un, ou de poucos en poucos, o orangután dáballes medo, pero así todos xuntos serían eles os que darían medo ao orangután, porque con todos non podería por moi forte que fose.

E eso pasou, o orangutan, ó velos chegar a todos xuntos, austouse moitísimo e fuxíu do bosque para sempre.

A partires daquel momento cada un dixo qué era o que lles gustaría facer na selva para ser felices sen molestarse os uns aos outros. todo o que dixeron quedou escrito nas montañas, ao aire, para que nunca se esqueceran e así poidesen vivir sempre felices. Puxeron por rei ao animal máis noble da selva, que xurou respetar as leis que todos acordaran. Ese rei foi o león.

Certo día o león enterouse de que nun país moi bonito que se chamaba España, os homes querían tamén ter unhas leis feitas por eles mesmos. Querían ser libes sen molestarse os uns aos outros. O rei León aconselloulles o que tiñan que facer, e eles escribiron as súas leis nun libro ao que lle puxeron o nome de "Constitución".

Ese libro está gardado nun gran palacio onde o leen e o repasan para que nunca se lles esqueza nada e poidan defendelo. O rei León mandou a España aos seus dous fillos máis fortes, que sempre están sentados na porta do enorme Palacio."


O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA


O día 8 de Decembro conmemoramos o ESTATUTO DE AUTONOMÍA: que é unha norma institucional básica da COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. No ámbito da Constitución Española, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condicion de Nacionalidade Histórica. Afirma que os poderes da Comunidade autónoma básanse no Estatuto, a Constitución e o Pobo Galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos os integrantes do POBO GALEGO.
                                                                                               ( Do blog de Lily)