mércores, 29 de xaneiro de 2014

Traballando as matemáicas

USA  EL  COCO

Un grupo de mestres do CEP Magariños asistimos a dúas sesións de matemáticas, impartidas por Purificación Fernández Amorín, mestra no CEIP Seis do Nadal de Vigo, nas que descubrimos o traballo das matemáticas con diverso  material didáctico , que ás veces está nas aulas infrautilizado. Traballamos nestas sesións cos números, xa que o Proxecto a desenvolver no centro ao longo deste curso, dende o departamento de Dinamización Lingüística (EDLG) é " Érase unha vez ... os números".

Puri aportounos moitisima información sobre o traballo con dominós, cartas, bingo matemático,curiosidades matemáticas, resolución de problemas, cálculo ........


Este enlace é un importante instrumento para traballar as matemáticas desde o Razoamneto Lóxico, resolución de problemas, Cálculo, Números,.....

Usa el coco


domingo, 26 de xaneiro de 2014

Conmemoracións 2014


 PLATERO  Y YO

Centenario da publicación "Platero y yo"

Estamos coñecendo  a Platero  de Juan Ramón Jiménez , Premio Nobel de Literatura no ano 1956 pola súa obra  Platero y yo.

Este enlace  pareceume interesante porque fai unha relación das conmemoracións e celebracións ao longo do ano 2014


Conmemoracións Importantes

sábado, 18 de xaneiro de 2014

PROXECTO DO CENTRO


REUNIÓN DO DEPARTAMENTO DO EDLG

     O martes, día 14 de xaneiro tivemos reunión o Departamento de EDLG para perfilar o Proxecto do Centro sobre as Matemáticas e os Números, baixo o título "Erase unha vez ..... os Números".


    Neste 2º trimestre, na planificación prevista, comenzamos con dúas sesións de dúas horas,  mércores 22 e 29 de xaneiro, nun taller sobre materiais e recursos  didácticos para o traballo dos números dentro do   Proxecto sobre os Sistemas de Numeración impartidas por Puri,  mestra de matemáticas no CEIP  Seis do Nadal de Vigo.

    Púxeronse en marcha As Mochilas Viaxeiras que partiron hoxe do Centro para as casas. Pasarán unha semana entre as Familias.

    Deseñamos o 1º Libro sobre" A Evolución dos Sistemas de Numeración".

    Tamén comenzouse coa gravación de cantigas, en galego, polas familias dos alumnos de 5º A, da titoría da profesora Mª Carmen Paz.

   O día 24 de febreiro, día de Rosalía. Prepararemos no centro poemas , algún deles musicado. Na Biblioteca do centro haberá un recuncho cun cartaz informativo sobre a autora.

     Do 1 ao 22 de marzo traballaremos "O latexo das verbas" para os alumnos de 2º e 3º ciclo

    Acordouse dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega adicar "As Nosas Letriñas" ao escritor Ramón Caride Ogando. Esta actividade desenvolverase na semana do 5 de maio.

   historia das matematicas

    blog
                                                                                                                                                                                                          

 

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

 30 DE XANEIRO: DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA


DALLE A MAN Á PAZ



A PAZ NON TEN LINGUA






venres, 17 de xaneiro de 2014

DEREITOS DOS NENOS


  • Somos distintos pero somos iguais, temos os mesmos dereitos.
Posted by Picasa

OS DEREITOS DOS NENOS


Posted by Picasa

AS MOCHILAS VIAXEIRAS



            Hoxe votaron a andar as Mochilas Viaxeiras. As catro embaixadoras de 2º A e 2º B, das clases das Profesoras Encarna e Marina levan as Mochilas cargadas de literatura, poesía, música e  receitas de cociña en Galego. 

          Estarán unha semana nas casas, facendo as Familias participes desta actividade, que arranca dende o Departamento do Equipo de Normalización Lingüística (EDLG) e  contando coa colaboración da Biblioteca que nos fai o préstamo do material que levan as Mochilas.

            É importante a participación da Familia na formación de Novos Lectores  da nosa literatura e tradición galegas.

       As Mochilas Viaxeiras conteñen ademáis de Libros de Literatura Infantil e Xuvenil para Nenos, para Adultos, música, poesia e cociña, un cadero viaxeiro ( ou axenda ) no que as familias porán valorar a actividade.

     É preciso e importante a puntualidade, respectar o prazo de posesión das Mochilas, para que todos os nenos da clase  poidan utilizalas neste curso.

     Hoxe presentouse na clase o contido  das  Mochilas e explicouse o uso do mesmo. Os nenos e nenas estaban entusiasmados/as como podedes ver nestas fotos.


FOMENTAR  A LECTURA EN GALEGO
EN FAMILIA