Hoxe votaron a andar as Mochilas Viaxeiras. As catro embaixadoras de 2º A e 2º B, das clases das Profesoras Encarna e Marina levan as Mochilas cargadas de literatura, poesía, música e receitas de cociña en Galego.
Estarán unha semana nas casas, facendo as Familias participes desta actividade, que arranca dende o Departamento do Equipo de Normalización Lingüística (EDLG) e contando coa colaboración da Biblioteca que nos fai o préstamo do material que levan as Mochilas.
É importante a participación da Familia na formación de Novos Lectores da nosa literatura e tradición galegas.
As Mochilas Viaxeiras conteñen ademáis de Libros de Literatura Infantil e Xuvenil para Nenos, para Adultos, música, poesia e cociña, un cadero viaxeiro ( ou axenda ) no que as familias porán valorar a actividade.
É preciso e importante a puntualidade, respectar o prazo de posesión das Mochilas, para que todos os nenos da clase poidan utilizalas neste curso.
Hoxe presentouse na clase o contido das Mochilas e explicouse o uso do mesmo. Os nenos e nenas estaban entusiasmados/as como podedes ver nestas fotos.
FOMENTAR A LECTURA EN GALEGO EN FAMILIA |
Ningún comentario:
Publicar un comentario