BLOGUES DE COORDINADORAS COMARCAIS
A Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ademais dos blogues de distintos Equipos Comarcais, deixannos na súa web distintos comunicados e webs de interese,...
Coordinadora ENDL
venres, 29 de novembro de 2013
POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA. ACTIVIDADES
BLOGUE CREADO POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CPI DOMINGO FONTÁN DE PORTAS ( PONTEVEDRA ) PARA DAR A COÑECER O LABOR ENTORNO Á LINGUA GALEGA NO CENTRO.
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DÍA 26 DE NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E OS DEMÁIS DÍAS TAMÉN.
Hoxe, DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, aprobado pola Asamblea Xéral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 26 de novembro. A proposta para celebralo este día foi da República Dominicana apoiada por 80 paises, debido ao asasinato das irmáns Mirabal que ocurríu nesa data.
Ao longo da mañán traballamos o tema da violencia de xénero a partires dun conto e de videos.
Na asamblea fumos recollendo as aportacións dos nenos e nenas sobre o xesto dun BICO e baixo o lema NINGÚN BICO Á FORZA.
A MÚSICA
CANCIÓNS
Neste enlace temos unha recompilación de cancións que nos deixa a Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).
Música en Galego
Neste enlace temos unha recompilación de cancións que nos deixa a Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).
Música en Galego
luns, 25 de novembro de 2013
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
6 DE DECEMBRO, CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
O día 6 de decembro, día da Constitución Española, traballaremos na aula este tema. Neste enlace podemos coñecer a Constitución desde a súa orixe ata hoxe que cumpre 35 anos.
Hai actividades clic e enlaces de interese.
Deixo un pequeno conto sobre a Constitución que pode axudar aos nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria a comprendela.
A IGUALDADE DE XÉNERO
xoves, 21 de novembro de 2013
SAÚDE BUCO-DENTAL
Coidamos a nosa boca
Antía Galego Varela, odontóloga, cambadesa ainda que con raíces en A Golada, e Basadre, estivo con nós hoxe na escola para darnos unha necesaria explicación sobre a necesidade de coidar a boca, os dentes, en definitiva Saúde Bucal.
Presentounos un video no que vimos como actuaban as bacterias nas caries, como se alimentaban e se fornecían, e unhas diapositivas sobre a boca e o número de dentes que temos e as súas funcións, o cepillado e a hixiene bucal,...que nos ía explicando e comentando.
Os nenos fixeronlle un montón de preguntas, sobre o tempo que tiñan que dedicar ao lavado e cepillado dos dentes, as caries, ...
Veu moi ben para todos porque, ademáis, acababamos de estudar a unidade do Corpo e as súas partes....o Sistema Dixestivo e a Boca, ...
Ao rematar deulles a cada neno uns ratiños e cofres, gardadentes.
Grazas Antía
mércores, 20 de novembro de 2013
ENLACE AO BLOGUE AULA TIC DE FERROL
Atopei este blogue que me parece interesantísimo con libros Lim, Proxectos, enlace a outras actividades da rede, ferramentas TIC, actividades para as distintas materias. É un blogue que contén moita información .
Enlace de Ferrolmartes, 19 de novembro de 2013
Dia Internacional dos Dereitos dos Nenos
Os Dereitos dos Nenos.
Mañán, dia 20 de novembro imos traballar na aula na elaboración dun Decálogo sobre os Dereitos dos Nenos.
A ONU aprobou en 1948 a Declaración Universal do Dereitos Humanos que incluía os dereitos da infancia.
Máis tarde, en 1959, aprobaríase a Declaración dos Dereitos do Neno.
Veremos videos sobre os Dereitos dos Nenos.
Cantaremos
Cantamos con Os Lunnis
Hoxe, Dia Internacional dos Dereitos dos Nenos
Os nenos e nenas de 2º A e B de primaria traballamos ao longo da mañán sobre esta temática. Primeiro escoitamos cancións e videos, logo cada neno foi presentando o traballo que traían da casa sobre os Dereitos dos Nenos coa ilustración correspondente. Recollemos nunha listaxe a exposición no encerado, que se trasladou ao mural e expúxose no corredor do colexio.mércores, 13 de novembro de 2013
O curioso mundo das Matemáticas
Problemas de inxenio
As matemáticas son unha marabilla. Son unha ciencia, un xogo, un pracer, un poderoso instrumento que permítenos dalgún xeito comprender o mundo real.
Poden chegar a ser unha obsesión. As súas raíces sicolóxicas están nas actividades máis simples da nosa vida cotiá.
As matemáticas como actividade fondamente humana, trataremos de que sexan entretidas a partires da manipulación de materiais como ábacos, loterías, tangram, a" máquina das operacións", balanza, xogos de aula como parchís, xadrez, ..., para a súa comprensión.
Para introducir o mundo dos números contamos con Kaliza, unha nena que ten que percorrer uns 50 km. para atopar un teléfono, un televisor ou unha nevera.....e non coñece ningún sistema de numeración.
Deixo unha mostra dos problemas que plantexamos na clase. Neste caso era un traballo por equipos. Cada equipo tiña que resolver o problema e saber explicalo para que todos o entendamos.
Tiñan que ter claro que primeiro lemos e relemos para :
- Extraer os datos que aporta o problema.
- Saber que nos pregunta.
- Facer o plantexamento claro mediante un debuxo.
- Proceder ás operacións.
- Dar a solución.
É fundamental que manipulen os materiais que precisen para chegar á comprensión e poder resolver.
Teñen que chegar a acordos no grupo. As dúbidas intentarán resolvelas no grupo e en caso de que non haxa acordo interven a profesora
Deixo este enlace de Mª Antonia Canals quen coñecin en Pontevedra nun curso de formación no CEFORE.
Proba da unidade 3 de Lengua
Versos de mar e Alberti.
Mañán temos a proba da unidade 3 de Lengua. Ademáis faremos un dictado atendendo ao uso das Maiúsculas e o M antes de P e B.Podemos completar esta unidade vendo a entrada de Rafael Alberti.
Descubro o meu corpo
O interior do noso corpo.
Na clase de 2º estamos aprendendo como é o interior do corpo humano. A profesora presenta a unidade 2 da área de Coñecemento mediante o noso amigo "Osiños" que xa empregamos na unidade 1(quen foi de moita axuda para coñecer os osos, articulacións...).Tamén dispuxemos de videos, fotos, libros, contos e DVD que tamén aportaron os alumnos, experiencias e distintos materiais de aula ... que apoian esta aprendizaxe.
Os alumnos emocionados queren descubrir, manipular, experimentar ... que hai no interior do seu corpo.
Estudamos o aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e a boca.
Rematamos esta unidade coa pirámide alimenticia, os alimentos e a súa orixe, e unha alimentación sá.
A importancia de Cristovo Colón na alimentación como as patacas, millo ou café non nos queda atrás.
Coñecemos distintas especialidade médicas como dermatólogo, cardiólogo, odontólogo, traumatólogo,...
O sistema dixestivo
La princesa está triste
Trabajamos la poesía de Rubén Darío.
Leemos el poema de Rubén Darío con entonación adecuada e interpretando los versos. Nos preguntamos cual será la causa de la tristeza de la princesa y que significado tienen algunas expresiones o recursos estilísticos usados por el autor.
Trabajamos la estructura del poema, número de versos, recursos que aparecen,....
Memorizamos la poesía.
Copiamos e ilustramos el poema.
O globo saltarín
Experimento de Martín
A raíz de visualizar distintos videos sobre experimentos, na IV Xornada da Ciencia en Galego, e traballar coa " Botella que respira" e a" Electrostáctica", Martín trouxonos o" Ovo Saltarín".
Contounos os materiais que precisou para levar a cabo o seu experimento:
- Un bote de cristal
- Un ovo cru.
- Vinagre.
- Botou vinagre no bote de cristal.
- Meteu con coidado o ovo e seguiu botando vinagre ata cubrir o ovo.
- Tivoo tres días.
Salían burbullas do ovo , e este mudaba a súa cor , pasou de branco, a marrón e logo amarelo ata quedar transparente.
O ovo aumentou de tamaño.
Sacamos conclusións:
A reacción química do vinagre coa cáscara de ovo.O vinagre actúa sobre a cáscara, xa que é un axente corrosivo que desprende o calcio da mesma. Martín via como ían saindo burbullas. O calcio desprendido quedou solto no vinagre.
O ovo aumenta de tamaño porque a auga que contén o vinagre entra no interior do ovo a través da membrana que o cubre(Ósmosis).
Aos tres días o ovo xa perdeu a cáscara, e vai mudando a cor ata quedar transparente e con elasticidade.
Comprobamos e manipulamos:
O ovo saltarín nun momento dado acabou rompendo. e esto servíu para que comprobaran a textura da xema.
Uliron o vinagre.
Martín presentando o se experimento
domingo, 10 de novembro de 2013
Preparando o Magosto
BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN.
Despois de informarnos sobre a importancia da castaña na alimentación dos nosos devanceiros, de ler receitas de cociña que a teñen como elemento principal, de aprender refráns, ditos populares , cancións, xogos,... que eran o remate dos Magostos, recollemos un resumo no traballo de aula.
Prácticamos co trompo, cos peóns ou buxainas, xa que ademáis era un dos xogos do patio para a festa do Magosto.
Deseñamos uns cestiños, que cadaquén personalizou, para servir as castañas e recoller o lixo das mesmas .
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)