mércores, 13 de novembro de 2013

O curioso mundo das Matemáticas

Problemas  de inxenio


   As matemáticas son unha marabilla. Son unha ciencia, un xogo, un pracer, un poderoso instrumento que permítenos dalgún xeito comprender o mundo real.

   Poden chegar a ser unha obsesión. As súas raíces sicolóxicas están nas actividades máis simples da nosa vida cotiá.

  As matemáticas como actividade fondamente humana, trataremos de que sexan entretidas a partires da manipulación de materiais como ábacos, loterías, tangram, a" máquina das operacións", balanza, xogos de aula como parchís, xadrez, ..., para a súa comprensión.

  Para introducir o mundo dos números contamos con Kaliza, unha nena que ten que percorrer uns 50 km. para atopar un teléfono, un televisor ou unha nevera.....e non coñece ningún sistema de numeración.

  
 Deixo unha mostra dos problemas que plantexamos na clase. Neste caso era un traballo por equipos.    Cada equipo tiña que resolver o problema e saber explicalo para que todos o entendamos. 
 Tiñan que ter claro que primeiro lemos e relemos para :
  • Extraer os datos que aporta o problema.
  • Saber que nos pregunta.
  • Facer o plantexamento claro mediante un debuxo.
  • Proceder ás operacións.
  • Dar a solución.
É fundamental que manipulen os materiais que precisen para chegar á comprensión e poder resolver.
Teñen que chegar a acordos no grupo. As dúbidas intentarán resolvelas no grupo e en caso de que non haxa acordo interven a profesora

                               

                                        


Lim  para distintas materias

Deixo este enlace de Mª Antonia Canals quen coñecin en Pontevedra nun curso de formación no CEFORE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario