mércores, 13 de novembro de 2013

Descubro o meu corpo

O interior do noso corpo.

     Na clase de 2º estamos aprendendo como é o interior do corpo humano. A profesora presenta a unidade 2 da  área de Coñecemento mediante o noso amigo "Osiños" que xa empregamos na unidade 1(quen foi de moita axuda para coñecer os osos, articulacións...).Tamén dispuxemos de videos, fotos, libros, contos e DVD que tamén aportaron os alumnos, experiencias e distintos materiais de aula ... que apoian esta aprendizaxe. 

     Os alumnos emocionados queren descubrir, manipular,  experimentar ... que hai no interior do seu corpo.

     Estudamos o aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e a boca. 

     Rematamos esta unidade coa pirámide alimenticia, os alimentos e a súa orixe, e unha alimentación sá. 
     A importancia  de Cristovo Colón na alimentación  como as patacas, millo ou café non nos queda atrás.

     Coñecemos distintas especialidade médicas como dermatólogo, cardiólogo, odontólogo, traumatólogo,...

O sistema dixestivo
       



Na etiqueta Experimentos podemos completar este breve comentario a esta unidade, coa experiencia da Botella que respira.


O sistema circulatorio

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario