xoves, 21 de novembro de 2013

SAÚDE BUCO-DENTAL

Coidamos a nosa boca

Antía Galego Varela, odontóloga, cambadesa ainda que con raíces en A Golada, e Basadre, estivo con nós hoxe na escola para darnos unha necesaria explicación sobre a necesidade de coidar a boca, os dentes, en definitiva Saúde Bucal.
Presentounos un video no que vimos como actuaban as bacterias nas caries, como se alimentaban e se fornecían, e unhas diapositivas sobre a boca e o número de dentes que temos e as súas funcións, o cepillado e a hixiene bucal,...que nos ía explicando e comentando.
Os nenos fixeronlle un montón de preguntas, sobre o tempo que tiñan que dedicar ao lavado e cepillado dos dentes, as caries, ...
Veu moi ben para todos porque, ademáis, acababamos de estudar a unidade do Corpo e as súas partes....o Sistema Dixestivo e a Boca, ...
 Ao rematar deulles a cada neno uns ratiños e cofres, gardadentes.
Grazas Antía 

             


                                                                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario