domingo, 10 de novembro de 2013

Preparando o Magosto

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN.

Despois de informarnos sobre a importancia da castaña na alimentación dos nosos devanceiros, de ler receitas de cociña que a  teñen como elemento principal, de aprender refráns, ditos populares , cancións, xogos,... que eran o remate dos Magostos, recollemos un resumo no traballo de aula.



Prácticamos co trompo, cos peóns ou buxainas, xa que ademáis era un dos xogos do patio para a festa do Magosto.

           

O Profe Carlos preparando as castañas, e os profes Beni, Jorge, Lucía e Paula repartíndoas. ¡Qué boas estaban!






                                                                                                     
Deseñamos uns cestiños, que cadaquén     personalizou, para servir as castañas e recoller o lixo das mesmas                    .
 

Non nos faltou a tarta temática elaborada por Marta, a nai de Alejandro. Darlle as grazas  en nome de toda a clase e da profe.
Por certo,estaba ¡boísima!



  Escoitámolo conto da Castaña  que rebentou de risa.

A  castaña  que rebentou de risa







                 


Ningún comentario:

Publicar un comentario