mércores, 13 de novembro de 2013

O globo saltarín

Experimento de Martín

     A raíz de visualizar distintos videos sobre experimentos, na IV Xornada da Ciencia en Galego,  e traballar coa " Botella que respira" e a" Electrostáctica", Martín trouxonos o" Ovo Saltarín".

Contounos os materiais que precisou para levar a cabo o seu experimento: 
  1.  Un bote de cristal
  2.  Un ovo cru.
  3.  Vinagre.   
 Logo contounos o Procedemento   :
  •  Botou vinagre no bote de cristal.
  • Meteu con coidado o ovo e seguiu botando vinagre ata cubrir o ovo.
  • Tivoo tres días. 
Explicounos as observacións :

    Salían burbullas do ovo , e este mudaba a súa cor , pasou de branco, a marrón e logo amarelo ata quedar transparente.

    O ovo aumentou de tamaño.

Sacamos conclusións:

      A reacción química do vinagre coa cáscara de ovo.O vinagre actúa sobre a cáscara, xa que  é un axente corrosivo que desprende o calcio da mesma. Martín via como ían saindo burbullas. O calcio desprendido quedou solto no vinagre.
     O ovo aumenta de tamaño porque a auga que contén o vinagre entra no interior do ovo a través da membrana que o cubre(Ósmosis).
   Aos tres días o ovo xa perdeu a cáscara, e vai mudando a cor ata quedar transparente e con elasticidade.

Comprobamos e manipulamos:

   O ovo saltarín nun momento dado acabou rompendo. e esto servíu para que comprobaran a textura da xema.

   Uliron o vinagre.

                                            Martín presentando o se experimento                         

                                                 
     
             

Comprobamos a textura da xema









          

Ningún comentario:

Publicar un comentario