sábado, 18 de xaneiro de 2014

PROXECTO DO CENTRO


REUNIÓN DO DEPARTAMENTO DO EDLG

     O martes, día 14 de xaneiro tivemos reunión o Departamento de EDLG para perfilar o Proxecto do Centro sobre as Matemáticas e os Números, baixo o título "Erase unha vez ..... os Números".


    Neste 2º trimestre, na planificación prevista, comenzamos con dúas sesións de dúas horas,  mércores 22 e 29 de xaneiro, nun taller sobre materiais e recursos  didácticos para o traballo dos números dentro do   Proxecto sobre os Sistemas de Numeración impartidas por Puri,  mestra de matemáticas no CEIP  Seis do Nadal de Vigo.

    Púxeronse en marcha As Mochilas Viaxeiras que partiron hoxe do Centro para as casas. Pasarán unha semana entre as Familias.

    Deseñamos o 1º Libro sobre" A Evolución dos Sistemas de Numeración".

    Tamén comenzouse coa gravación de cantigas, en galego, polas familias dos alumnos de 5º A, da titoría da profesora Mª Carmen Paz.

   O día 24 de febreiro, día de Rosalía. Prepararemos no centro poemas , algún deles musicado. Na Biblioteca do centro haberá un recuncho cun cartaz informativo sobre a autora.

     Do 1 ao 22 de marzo traballaremos "O latexo das verbas" para os alumnos de 2º e 3º ciclo

    Acordouse dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega adicar "As Nosas Letriñas" ao escritor Ramón Caride Ogando. Esta actividade desenvolverase na semana do 5 de maio.

   historia das matematicas

    blog
                                                                                                                                                                                                          

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario