luns, 26 de maio de 2014

XORNADAS LITERARIAS

XORNADAS LITERARIAS  no    CEP  ANTONIO  MAGARIÑOS  PASTORIZA


 O alumnado e profesorado do CEP Antonio Magariños está a compartir 
unhas Xornadas Literarias, previstas na Programación Xeral do curso,
e máis concretamente, dentro do Proxecto do Equipo de Dinamización da 
Lingua Galega e do Plan de Mellora da Biblioteca do centro.

 O día 23 de abril, día Internacional do Libro, acompañounos 
Inacio Vilariño, con “ Cousas do Demo “. Unha serie de contos 
 recollidos na ampla tradición galega sobre o demo nas súas

 máis diversas representacións.

                 

Na actividade “As Nosas Letriñas”, o día 7 de
 maio homenaxeamos ao escritor Ramón Caride Ogando. Foron moitas as 
preguntas e curiosidades dos alumnos por coñecer a súa vida e obra.


O martes 13 de maio estiveron con nós,   a escritora de Trazo (Vilariño) Rosalía Morlán Vieites, acompañada    polo cantautor cuntiense, Manoele de Felisa, que musica e harmoniza os poemas da autora, 
así como os de María Mariño, Xosé Neira Vilas, Roberto Blanco Torres, entre outros. 
Engaioláronnos pola súa sensibilidade, harmonía, pola súa poesía que
 enche o corazóna a quen os escoita.


 O día 4 de xuño teremos a honra de compartir unha xornada literaria con Xosé Neira Vilas, que estará acompañado polo cantautor Manoele de Felisa .


Agradecemos aos escritores e cantautor, o facernos participes da súa excelente obra literaria e musical
  
            



Ningún comentario:

Publicar un comentario