mércores, 12 de febreiro de 2014

AS LINGUAS SUMAN

AS LINGUAS SUMAN

http://www.coordinadoraendl.org/doc/campa_linguassuman.pdf

Paréceme interesante este tríptico da Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

"A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moitos nenos e nenas a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas."



Sabiades que... 


... o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española?


... o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española?


... o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras
comunidades que teñen unha soa lingua?



Xa hai tres anos (no 2011):


"20 anos cos Equipos de Normalización nas augas vivas da lingua" (1991-2011)

Homenaxe dos ENDL a Agustín Fernández Paz 

Neste enlace podemos ver un video dos distintos centros de Galicia na Normalización da Lingua Galega, entre eles están alumnos da Pastora e actualmente de terceiro curso do Magariños .



Ningún comentario:

Publicar un comentario